Igrexa Sto.Tomé

Igrexa parroquial de San Tomé do Carballo.

Esta igrexa foi construída arredor de 1920 sobre unha capela anterior, que foi destruída e cuxo eixe foi invertido -de modo que a entrada é polo leste e non polo oeste. Até hai décadas contaba tamén con cemiterio.

Existe a lenda de que a orixe da parroquia estaría nun home milagreiro chamado Tomé, e foi o templo de referencia para as aldeas dispersas que darían lugar a Taboada (ata mediados do século pasado, non era frecuente chamarlle así á vila, senón San Tomé).

Así, a parroquia de San Tomé do Carballo, grazas ao crecemento da localidade de Taboada iría crecendo á custa da de San Pedro de Bembibre.