Alameda

Esta praza principal para a vila de Taboada foi construída na década de 1960 nun lugar onde había leiras, campos de cultivo, un río e algunha pequena ponte nunha imaxe totalmente irrecoñecible con respecto á actualidade. O río da Anguieira percórrea por debaixo canalizado.

Nalgún momento houbo un proxecto para construír aquí a Casa do Concello.