Casa Manuel Rigueira

É un edificio particular construído en 1919, con algúns detalles decorativos de inspiración modernista.

Unha artística obra (así figura na súa inscrición) que conforma un dos edificios máis singulares da vila. Durante as décadas de 1960-70 foi máis coñecida por albergar a Academia Muinelo, dirixida por Luz Muinelo e Sócrates Rigueira, que permitiu formarse a moitas xeracións de taboadeses e taboadesas.