Pazo de San Pedro

Neste lugar, en 1413 instaláronse os señores de Taboada, unha familia de nobres procedente do Castro Candaz, relacionada tamén cos señores de Camba (Rodeiro). En 1515 comezou a construción deste pazo, que aínda ten aspecto de fortaleza, dispoñendo as súas estancias arredor dun patio de armas principal, ao que se accede por unha entrada coroada … Ler máis

Camiño Real

O Camiño Real (é dicir, as principais vías de comunicación no Antigo Réxime) atravesa a vila de Taboada de norte a sur, comunicando Lugo con Ourense. Sube desde o lugar da Puricela e pasando pola Rúa Real, a rúa de Riazón e a rúa de Laxelas. Así, vai en paralelo á Avenida de Lugo, unha … Ler máis

Igrexa Sto.Tomé

Igrexa parroquial de San Tomé do Carballo. Esta igrexa foi construída arredor de 1920 sobre unha capela anterior, que foi destruída e cuxo eixe foi invertido -de modo que a entrada é polo leste e non polo oeste. Até hai décadas contaba tamén con cemiterio. Existe a lenda de que a orixe da parroquia estaría … Ler máis

Carballo de Ramos

Trátase dun exemplar de quercus robur de extraordinario tamaño e antigüidade, sendo posible que dea nome á parroquia de San Tomé do Carballo a cal se atopa polo menos no Catastro de Ensenada (século XVIII), polo que xa por entón debía ser un exemplar moi singular. Unha lenda que circula sobre el, recollida por Sócrates … Ler máis

Casa Manuel Rigueira

É un edificio particular construído en 1919, con algúns detalles decorativos de inspiración modernista. Unha artística obra (así figura na súa inscrición) que conforma un dos edificios máis singulares da vila. Durante as décadas de 1960-70 foi máis coñecida por albergar a Academia Muinelo, dirixida por Luz Muinelo e Sócrates Rigueira, que permitiu formarse a … Ler máis

Alameda

Esta praza principal para a vila de Taboada foi construída na década de 1960 nun lugar onde había leiras, campos de cultivo, un río e algunha pequena ponte nunha imaxe totalmente irrecoñecible con respecto á actualidade. O río da Anguieira percórrea por debaixo canalizado. Nalgún momento houbo un proxecto para construír aquí a Casa do … Ler máis